miércoles, 25 de marzo de 2015

Concurso fotográfico Fotomática 2015



BASES DO CONCURSO FOTOGRÁFICO FOTOMÁTICA 2015
PARTICIPACIÓN
Todos os alumnos de ESO e Bacharelato nas seguintes categorías:
CATEGORIA I: 1º ESO, 2ºESO e 3ºESO
CATEGORIA II: 4ºESO e BACHARELATO
PRESENTACIÓN
1. As fotografías deben ser orixinais e facer referencia a calquera concepto matemático que teña algunha relación co tema do concurso: OS TRANSPORTES.
2. As fotografías se enviarán en alta calidade ao enderezo de correo electrónico departamento.matematicas@colegioapostol.com indicando no asunto concurso fotografía.
3. Na mensaxe deberá aparecer o título da foto, a explicación do concepto, a localización, a data de realización, o autor, o curso e a sección.
4. A presentación ao concurso supón a total aceptación destas bases, e a cesión dos dereitos de autor ao Colexio para eventuais publicacións.
DATA
O prazo de presentación remata o venres 10 de abril do 2015 ás 14.00 h .
EXPOSICIÓN
As mellores fotos formarán parte dunha exposición que coincidirá coas festas colexiais.
XURADO
O xurado estará formado polos profesores dos Departamentos de Matemáticas e Artes Plásticas e por representantes da asociación de pais e nais do Colexio.
PREMIOS
Haberá un premio por categoría: Unha tablet.
Entregaranse o 23 de abril nun acto de entrega que se celebrará no Colexio.
O premio poderá quedar deserto nunha categoría e pódese ampliar na outra.
As fotografías premiadas serán publicadas na revista “O Noso Lar”.