domingo, 27 de octubre de 2013

Actividades do Voluntariado nas que podemos participar

Queridas familias, informámosvos das distintas actividades do voluntariado do colexio nas que podemos colaborar. Os que o desexedes pídesevos un compromiso de polo menos un día á seman. Todas elas comezan en Novembro.

APOIO ESCOLAR- CARITAS-APOSTOL SANTIAGO
Luns e Mércores 17:30 a 19:00h no Centro Gárate.
Son nenos principalmente de primaria con necesidades de refuerzo nas tres línguas e matemáticas, reenviados polos orientadores dos colexios da zona Teis. Se trata de axudarlles cos seus deberes e coas dificultades que teñan nesas materias.



INFORMÁTICA E NOVAS TECNOLOXÍAS. XARUMA 
Xoves de 17.30 a 19. Gárate
As persoas destinatarias son persoas que teñen algún tipo de enfermidade mental. 
Contidos: 
- Informática de usuario
- Internet
- Redes sociais
- Power Point
- Fotografía Dixital
-Creación dun Blog

A actividade lévase a cabo a través de fichas previamente elaboradas por Xaruma.  

Cine-forum
Primeiro venres de cada mes en horario de 17.30 a 20.00. Gárate
A actividade consiste no visionado dunha película e un comentario da mesma tras tela visto. A persoa voluntaria neste caso levaría a cabo o debate posterior sobre a película que elixira para ver. 


APOYO ESCOLAR CON FAIBEN.(FUNDACIÓN DE APOYO A LA INFANCIA Y AL BIENESTAR)
(Piso de acollida de menores)

Xoves e Venres 16:30 a 18:00h. Nos seus pisos

RESIDENCIA SANTA MARTA ALCABRE-VIGO
Sábados 12:45/13:15h 
Un poco de conversa  e axudar coas comidas, xa que sobre todo estamos cos usuarios dependentes.


Se alguén quere mais información pódese por en contacto con Irene Valverde a traves do seu correo,  irene.valverde@colegioapostol.com
Moitas grazas a todos