Estimadas familias,
Este ano, o ANPA, coa colaboración da Rede
Solidaria da Mocidade, dado o éxito da anterior recollida e atendendo ás
vosas peticións, propoñémosvos unha nova doazón dos libros de lectura
que xa non precisan os nosos fillos e que están na casa sen uso, para
seguir completando e renovando as bibliotecas de aula das clases.
Co gallo de seguir educando na importancia de facer un consumo
responsable, de compartir e de reutilizar, ao longo da semana do 23 ao
27 de febreiro, recolleremos todos os libros que xa non precisedes, pero
que están en perfecto estado de uso. Podedes entregalos na recepción do
Colexio ou ben os poden levar os nenos ás aulas.
Coa axuda dos
voluntarios da Rede encargarémonos de recollelos e organizalos para que
contribúan á renovación das bibliotecas de aula, cos conseguintes
beneficios para os nosos fillos e fillas.
As bibliotecas de aula
de Primaria están formadas polos libros que están a disposición dos
alumnos, para a súa lectura na propia aula ou en préstamo para a casa.
Agradecemos de antemán a vosa imprescindible colaboración para realizar calquera proxecto.