Estimadas familias:
Comprácenos poñernos en contacto con vostedes para darlles a coñecer
unha nova iniciativa piloto que pretenden poñer en marcha no barrio
de Teis dende o Colexio Apóstolo Santiago e Xaruma.
Xaruma é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa por un lado, no
ámbito do Tempo Libre, e ademais, especificamente, no campo da Saúde
Mental, e vén colaborando co Colexio Apóstolo dende hai varios anos.
Un dos proxectos que queren poñer en marcha, e asentar
conxuntamente, é o de abrir un espazo, a xeito de Ludoteca, que
sexa tamén aberto ao barrio de Teis, e van comezar cunha proposta
de Contacontos e Talleres para nenos e nenas, os venres pola tarde ao
finalizar as clases.
Comezarán o próximo venres 27 de febreiro ás 17.30 nos locais de
Xaruma, situados no Centro Gárate.
Nesta primeira ocasión, estará especialmente indicado para nenos entre
6 e 8 anos, fundamentalmente de 1º e 2º EP, aínda que aberto a idades
próximas. A actividade é completamente gratuíta.
Por suposto, ao igual que sucede noutros contacontos en librerías e/ou
bibliotecas, os nenos e nenas deberán estar baixo a supervisión das súas
familias en todo momento.