lunes, 11 de noviembre de 2019

CIENCIA SINGULAR.



   

XORNADA DE PORTAS ABERTAS  – venres, 15 de novembro de 2019


O centro de investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic,
abrirá as súas portas ao público o vindeiro venres 15 de novembro entre as 16:00 e as 19:30 horas.

O persoal dos grupos que conforman o centro de investigación  explicarán o que facemos, 
como o facemos e onde o facemos. Falaremos dos proxectos nos que traballamos, amosaremos 
os nosos laboratorios, os equipos que usamos e  ofreceremos talleres, experimentos e actividades.

Será un xeito diferente de pasar unha boa tarde, coñecendo máis en detalle a tecnoloxía, 
a infraestrutura que dispomos e como non, a todos os que aquí traballan.

Todo isto de forma gratuíta e para toda a familia.

                                                          INFORMACION