jueves, 21 de noviembre de 2019

ACTIVIDADES DE NAVIDAD




Queridos pais e nais, como todos os anos o ANPA está a traballar nas actividades que organizamos con motivo do Nadal e nas que buscamos a vosa complicidade e implicación.
Belén vivente: Percorrerá durante toda a mañá do martes 17 de decembro as clases de Educación Infantil, primeiro e segundo de E. Primaria. Estará formado por nais, pais, avós e avoas do colexio. Os que queirades participar tedes que mandar un correo a:

navidadesanpa.colegioapostol@gmail.compoñendo en asunto ”Belen Viviente”
 
Acto dos Paxes Reais: Durante a mañá do venres 20 de decembro os Reis Meigos e os seus Paxes Reais visitan o noso Colexio facendo unha bonita entrada no patio. Todos podedes ver a súa chegada no patio e aos que vos apeteza podedes participar como Reyes ou Paxes. Ao acabar o acto os nenos de E. Infantil e de E. Primaria ata segundo, soben ao salón de actos onde responsables do ANPA fanlle fotos ás clases cos Reis Meigos. Ademais, todos os nenos e nenas de E. Infantil e E. Primaria reciben do ANPA unha bolsa de caramelos. Os que queirades participar tedes que mandar un correo a:


navidadesanpa.colegioapostol@gmail.compoñendo en asunto ”Acto Paxes”

Panxoliña cantada polos pais aos nenos: O día da "Homenaxe aos avós" e unha vez acabadas as actuacións dos nenos, os pais e nais que o desexedes podedes subir ao escenario para, todos xuntos, cantarlles unha panxoliña aos nenos e nenas. Os que queirades participar tedes que poñervos en contacto cos delegados do ANPA de cada curso.

Responsable panxoliña 3 anos: Antía Pérez-Feijoo Silveira <antia@perezfeijoo.com>
Responsable panxoliña 4 anos: Victoria Pacheco <vicpachecomartinez@gmail.com>
Responsable panxoliña 5 anos:  Andrés Pérez <Tlf: 660 235 479>


Nos sucesivos días teredes máis información destas e outras actividades na web do cole (www.colegioapostol.com), no noso blogue (anpajesuitasvigo.blogspot.com) e a través dos propios Delegados e Delegadas de cada curso.

Esperamos que vos animedes e que disfutemos xuntos da experiencia!!!
Anpa Apóstol