lunes, 27 de noviembre de 2017

DECORANDO O NOSO BARRIO








Dende o ANPA pedímosvos colaboración para participar, de maneira voluntaria, nunha bonita iniciativa do barrio de Teis para o Nadal.

Trátase de decorar as árbores das rúas da zona con adornos todos en cor VERMELLO y realizados polos nosos fillos e fillas, con materiais reciclados limitados a lana, plástico, goma eva ou corcho para non danar as árbores.

O colexio xa participa na decoración da man dos nenos e nenas de infantil e primer ciclo de primaria, o que se pretende é que tamén poidan participar as familias.


Os adornos pódense deixar en portería ata o martes 5 de decembro ata as 18:00 horas,


Moitísimas grazas pola vosa colaboración

Anpa Apóstol