Como todos os anos o ANPA está a traballar nas actividades que
organizamos con motivo do Nadal e nas
que buscamos a vosa complicidade e implicación.
Belén vivente: Percorrerá
durante toda a mañá do mercores 20 de decembro as clases de Educación Infantil
e primeiro ciclo de E. Primaria. Estará formado por nais, pais, avós e avoas do
colexio. Os que queirades participar tedes que mandar un correo a:
Acto dos Paxes Reais: Durante a
mañá do xoves 21 de decembro os Reis Meigos e os seus Paxes Reais visitan o
noso Colexio facendo unha bonita entrada no patio. Todos os pais, nais, avós e
avoas podedes ver a súa chegada no patio e aos que vos apeteza podedes
participar como Reyes ou Paxes. Ao acabar o acto os nenos de E. Infantil e de
E. Primaria ata terceiro, soben ao salón de actos onde responsables do ANPA
fanlle fotos ás clases cos Reis Meigos. Fotos que logo son pasadas ao colexio
para mandalas por diodro. Ademais, todos os nenos e nenas de E. Infantil e E.
Primaria reciben do ANPA unha bolsa de caramelos. Os que queirades participar
tedes que mandar un correo a:
Panxoliña
cantada polos pais aos nenos: O día da "Homenaxe aos avós" e unha
vez acabadas as actuacións dos nenos, os pais e nais que o desexedes podedes
subir ao escenario para, todos xuntos, cantarlles unha panxoliña aos nenos e
nenas. Os que queirades participar tedes que poñervos en contacto coa responsable
para o tema de ensaios e vestiarios.
Responsable panxoliña 3 anos: Carolina Barbazán <carolbcostas@gmail.com>
Responsable
panxoliña 4 anos: Yoanna Riviere <rivierey@hotmail.com>
Responsable panxoliña 5 anos: M.del Carmen Novo Turiel <cnovot@mundo-R.net>
Nos
sucesivos días teredes máis información destas e outras actividades na web do
cole (www.colegioapostol.com), no noso blogue (anpajesuitasvigo.blogspot.com) e a través dos propios Delegados e Delegadas de cada curso.
OS ESPERAMOS