viernes, 19 de junio de 2015

Obradoiros ambientais en Naturnova 2015

OBRADOIROS AMBIENTAIS en NATURNOVA 2015

Visitaremos Naturnova, xogaremos , buscaremos tesouros, descifraremos códigos, e no obradoiro crearemos os nosos xogos e máis diversión para levar a casa.
Para rapaces de 7 a 12 anos.
Os martes, mércores e xoves de xullo de 11:00 h. a 13:30 h.
Precio: 6€/sesión,   
Precio pack 3 días: 15€
Datas: Os martes, mércores e xoves de dende o 7 ao 30 de xullo.
3 días a escoller:
7, 8 y 9  de xullo
14, 15 y 16 de xullo
21, 22 y 23 de xullo
28, 29 y 30 de xullo
Programa:
Os martes: Cada peixe no seu mar,
Os mércores: Vivir e convivir, hai sitio para todos
Os xoves: Pasiño a pasiño facemos o camiño

Os martes: Cada peixe no seu mar.
Viaxaremos en submarino, descubriremos animais propios da Ría e animais de fóra. Xogaremos á pesca sostible cos nosos aparellos de pesca creados no obradoiro e cos peixes que fabricaremos.
Os mércores: Vivir e convivir, hai sitio para todos
Cada un ten o seu espacio no ecosistema. Só temos que atopar o oco. Xogaremos a buscar o noso alimento e no obradoiro inventaremos e crearemos o noso xogo de animais: “busca o teu oco”.
Os xoves: Pasiño a pasiño facemos o camiño
¿Cómo podo contribuir a coidar o planeta? Con pouquiño que faga eu, faremos moito todos xuntos. Xogaremos a descifrar o código segredo, e a probar as nosas habilidades e, no obradoiro, crearemos un xogo para coidar o planeta.

Reservas: naturnova@afundacion.org o el tl. 986 120 088
Máis información: naturnova@afundacion.org

Centro de Educación Ambiental Naturnova
Entrada por R/ Policarpo Sanz, 26