miércoles, 8 de abril de 2015

Cuentacuentos el viernes 10 a las 17:30 y 18:30 en el Centro Gárate

 



Queridas familias os animamos a participar en el Cuentacuentos que organiza Xaruma y nuestro colegio y que tendrá lugar este viernes día 10 en el Centro Gárate.
 
"Comprácenos poñernos en contacto con vostedes para recordarlles a nova iniciativa piloto que pretendemos poñer en marcha no barrio de Teis, dende o Colexio Apóstolo Santiago e Xaruma.
Como xa sabedes, Xaruma é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa por un lado, no ámbito do Tempo Libre, e ademais, especificamente, no campo da Saúde Mental, e vén colaborando co Colexio Apóstolo dende hai varios anos.
Un dos proxectos que queremos poñer en marcha, e asentar conxuntamente, é o de abrir un espazo, a xeito de Ludoteca, que sexa tamén aberto ao barrio de Teis, e imos comezar cunha proposta de Contacontos e Talleres para nenos e nenas, os venres pola tarde ao finalizar as clases.
Este venres teremos a 3ª sesión xa deste ano 2015. Este venres 10 de abril ás 17.30 e as 18:30 nos locais de Xaruma, situados no Centro Gárate e en dobre sesión. Está aberto a todos os nenos e nenas que queran asistir, sexan ou non alumnado do noso colexio. Podedes invitar a familia ou amigos.
Está especialmente indicado para nenos entre 4 e 8 anos, fundamentalmente EI e  1º e 2º EP, aínda que aberto a idades próximas. A actividade é completamente gratuíta.
Por suposto, ao igual que sucede noutros contacontos en librerías e/ou bibliotecas, os nenos e nenas deberán estar baixo a supervisión das súas familias en todo momento.
Saúdalles atentamente.

           María Alonso                                                            Tania Vázquez
Directora Xeral do Colexio Apóstol                   Traballadora Social Asociación Xaruma"