jueves, 2 de octubre de 2014

I Concurso de Carteis Apóstol Santiago

O Colexio Apóstol Santiago, a Asociación de Nais e Pais, a Asociación de Antigos Alumnos e a editorial Anaya-Xerais convocan o  I Concurso de Carteis Apóstol Santiago dirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato.

………………………………………………………………….
I CONCURSO DE CARTEIS APÓSTOL SANTIAGO
………………………………………………………………....
1. Participantes: Alumnado de ESO e Bacharelato.
2. Obxectivo: elaborar o cartel anunciador do Concurso Literario. A imaxe deberá estar
relacionada co concurso, facendo alusión á literatura. Os carteis conterán necesariamente a
lenda XXIX Concurso Literario.
3. Técnica: serán de concepción e técnica libre, sempre que sexa posible a súa impresión.
For cal for a técnica escollida, entregarase un orixinal impreso en papel e, se a técnica o
permite, enviarase ademais en soporte dixital e formato pdf ao enderezo electrónico
antiguos.alumnos@colegioapostol.com
4. Forma de entrega: cada orixinal entregarase nun sobre grande onde figurará o título do
traballo e un pseudónimo. Dentro incluirase un sobre pequeno cos datos persoais do autor
ou autora (nome e apelidos, curso e sección).
5. Tamaños: o tamaño das obras será unha folla Din A3 (42 x 29,7 cm).
6. Orixinalidade: os traballos han de ser orixinais e inéditos, non puidendo ser presentados
anteriormente a outros concursos e que non supoñan, en todo ou en parte, copia ou plaxio
de obras publicadas propias ou doutros artistas. O non cumprimiento destas bases
implicará a descualificación automática.
7. Prazo: o prazo de presentación das obras rematará o venres 5 de decembro do 2014.
8. Premio: o premio principal será a impresión dos carteis co nome do gañador mais un
premio en metálico de 100 euros.
9. Xurado: ditaminará a obra gañadora un xurado composto por un membro da Editorial
Anaya-Xerais, un membro da Asociación de Antigos Alumnos, un membro da ANPA, un
artista pintor e un profesor do Departamento de Plástica do Colexio.
10.Exposición e publicación: o cartel será amplamente difundido en todo o Colexio, incluído
nas páxinas web do Colexio e da Asociación de Antigos Alumnos, e publicado nas revistas
de ambas institucións (O Noso Lar e Bellavista), así como no blog da ANPA.
11. As obras presentadas quedarán no poder do Colexio.
12. O feito de participar no concurso supón a total aceptación destas bases.