viernes, 22 de junio de 2018

BANCO DE LIBROS DEL ANPA 2018


Estimadas familias: 

De novo este ano, desde a ANPA e en colaboración co Colexio, volvemos pór en marcha o Banco de Libros de Texto para Primaria, ESO e Bacharelato que foi concibido como un sistema de reutilización, e que como sabedes ven funcionando con éxito dende 2014.

Este banco de libros é independente da obriga de devolución dos libros facilitados polo fondo solidario da Xunta de Galicia. 

As familias que doen os libros de texto non recibirán ningunha contraprestación, salvo o agradecemento da comunidade educativa. Este ano, recolleránse ademais dos libros de texto, válidos para o curso 2018/19, os libros de lectura.
As solicitudes dos libros de texto que se precisen durante o curso 2018/19 realizaranse por escrito e de forma presencial. No caso da ESO e Bacharelato, é imprescindible achegar o listado completo dos libros solicitados, debido ás distintas optativas e itinerarios.

A atención ás solicitudes dos libros farase por estrita orde de presentación destas no Centro Loyola, adxudicaráselle a cada unha un número de rexistro segundo a orde de entrada, na que terán preferencia os socios da ANPA, no caso de non chegar os libros para tódalas familias.
O impreso de solicitude e os listados de libros válidos para este banco de libros estarán a vosa disposición na web do Colexio e no blog da ANPA 

Horario do banco de libros:

● Días 25, 26 e 27de xuño de 9:30 a 11 horas e de 16 a 17 horas para recollida de solicitudes e recepción de libros doados altruistamente. Pregámosvos que os libros veñan agrupados por cursos e en bolsas que logo reutilizaremos para entregarlles os lotes ás familias.
● Na tarde do día 27 de xuño, publicaranse no blog da ANPA os números de rexistro dos lotes de libros que se poidan recoller.
● Posteriormente, os días 28 e 29 de xuño de 9:30 a 11 horas e de 16 a 17 horas, entregaránselles os libros solicitados ás familias, sendo obrigatoria a presentación do xustificante da solicitude.
● En setembro, abrirase de novo o prazo para ESO e Bacharelato, os días están pendentes de concretar.

Lamentablemente non podemos garantir a entrega de todos os libros solicitados, xa que iso depende do número de doazóns que recibamos, polo que vos ANIMAMOS A TODOS A PARTICIPAR.
Por último, pedimos a vosa imprescindible colaboración para a realización deste traballo. Todos os que poidades adicar algo de tempo ao banco de libros, por favor, poñédevos en contacto con actividadesanpa.colegioapostol@gmail.com, comunicándonos a vosa dispoñibilidade de horarios.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración e comprensión cos posibles erros que se cometan neste proxecto que abordamos para beneficio de todos.

Recibide un cordial saúdo.

Enlace impreso:
https://www.dropbox.com/s/knnbexe25a9h1dd/Impreso%20Solicitud%20de%20Libros%20-%20Galego%20Curso%202018-19.docx?dl=0