miércoles, 21 de junio de 2017

BANCO DE LIBROS




    
De novo este ano, desde a ANPA e en colaboración co Colexio, volvemos  pór en marcha o Banco de Libros de Texto para Primaria, ESO e Bacharelato que foi concibido como un sistema de reutilización, e que como sabedes ven funcionando con éxito dende 2014.


Este banco de libros é independente da obriga de devolución dos libros facilitados polo fondo solidario da  Xunta de Galicia.


As familias que doen os libros de texto non recibirán ningunha contra prestación, salvo o agradecemento da comunidade educativa. Unicamente se recollerán os libros que é posible reutilizar, polo que achegamos o listado dos libros válidos para o curso 2017/18.


As solicitudes dos libros de texto que se precisen durante o curso 2017/18 realizaranse por escrito e de forma presencial. No caso da ESO e Bacharelato, é imprescindible achegar o listado completo dos libros solicitados, debido ás distintas optativas e itinerarios.


A atención ás solicitudes dos libros farase por estrita orde de presentación destas no Centro Loyola, adxudicaráselle a cada unha un número de rexistro segundo a orde de entrada, na que terán preferencia os socios da ANPA, no caso de non chegar os libros para tódalas familias.


O impreso de solicitude e os listados de libros válidos para este banco de libros estarán a vosa disposición na web do Colexio e no blog do Anpa


Horario do banco de libros:


●     Días  26, 27 e 28 de xuño de 9:30 a 11 horas e de 16 a 17 horas para recollida de solicitudes e recepción de libros doados altruistamente. Pregámosvos que os libros veñan agrupados por cursos e en bolsas que logo reutilizaremos para entregarlles os lotes ás familias.


●     Na tarde do día 28 de xuño, publicaranse no blog da ANPA os números de rexistro dos lotes de libros que se poidan recoller.


●     Posteriormente, os días 29 e 30 de xuño de 9:30 a 11 horas e de 16 a 17 horas, entregaránselles os libros solicitados ás familias, sendo obrigatoria a presentación do xustificante da solicitude.


●     En setembro, abrirase de novo o prazo para ESO e Bacharelato, os días 14 e 15 de 9 a 10 horas e de 16 a 17 horas


Lamentablemente non podemos garantir a entrega de todos os libros solicitados, xa que iso depende do número de doazóns que recibamos, polo que vos ANIMAMOS A TODOS A PARTICIPAR.


Por último,  pedimos a vosa imprescindible colaboración para a realización deste traballo. Todos os que poidades dedicar algo de tempo ao banco de libros, por favor, poñédevos en contacto con actividadesanpa.colegioapostol@gmail.com, comunicándonos a vosa dispoñibilidade de horarios.


Agradecemos de antemán a vosa colaboración e comprensión cos posibles erros que se cometan neste proxecto que abordamos para beneficio de todos.



Anpa Apóstol