ACTIVIDADES DE NADAL 2014
Do 20 de decembro ao 7 de xane
Do 20 de decembro ao 7 de xane iro o Museo do Mar de Galicia vai a ofrecer a todas aquelas persoas que desexen pasar o día connosco toda unha serie de experiencias didácticas onde poderán vir a divertirse e aprender.
As nosas actividades están dirixidas a todo tipo de público, xa sexan pequenos ou maiores, e calquera tipo de grupo pode participar (grupos de persoas con necesidades especiais, 3º idade, amigos, familias… ), o único que teñen que ter en conta son os límites de idade que hai establecidos para cada experiencia e que todas as actividades requiren reserva previa, pois as prazas son limitadas!
Consulta as nosas actividades no adxunto
Anímense a chamar e reservar para vivir distintas experiencias no noso museo este Nadal.
Teléfono: 986 24 77 50
Horario para reservas: de martes a venres de 11 a 14 h
Gabinete de Didáctica e Atención ao Público
Museo do Mar de Galicia
Avda. Atlántida, 160. 36208. Vigo
Tel. 986247750 / Fax. 986247748
Mail. info.museodomar@xunta.es
Web. www.museodomar.com