O ILUSTRADOR MARC TAEGER
PRESENTARÁ MAÑÁ O SEU NOVO ÁLBUM, “ELEFANTE COMELLÓN”, NA
SESIÓN DE CONTACONTOS DE LIBROS PARA SOÑAR
O ilustrador suízo Marc
Taeger, afincado no Morrazo, será o protagonista da sesión
de contacontos que se celebrará mañá venres en LIBROS PARA
SOÑAR, a partir das 18:30 horas. Presentará o seu novo
traballo, un álbum ilustrado titulado “Elefante comellón”,
publicado por KALANDRAKA. Trátase dun relato do narrador
madrileño Rafa Ordóñez que Marc Taeger acompaña con imaxes
elaboradas coa técnica do linogravado. No proceso de
impresión dos orixinais, o ilustrador contou coa
colaboración dos profesores Federico Fernández e Alba Pardo,
da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) de Vigo.
LIBROS PARA SOÑAR:
Triunfo, 1. Vigo
986 43 37 68