lunes, 17 de junio de 2019

BANCO DE LIBROS DEL ANPA 2019




Estimadas familias:

De novo este ano, desde a ANPA e en colaboración co Colexio, volvemos pór en marcha o
Banco de Libros de Texto para Primaria, ESO e Bacharelato que foi concibido como un sistema de reutilización, e que como sabedes vén funcionando con éxito dende 2014.

Este banco de libros é independente da obriga de devolución dos libros facilitados polo fondo solidario da Xunta de Galicia.
As familias que doen os libros de texto non recibirán ningunha contraprestación, salvo o
agradecemento da comunidade educativa. Este ano, recolleránse, ademais dos libros de texto,válidos para o curso 2019/20, os libros de lectura.

As solicitudes dos libros de texto que se precisen durante o curso 2019/20 realizaranse por
escrito e de forma presencial. No caso da ESO e Bacharelato, é imprescindible achegar o listado completo dos libros solicitados, debido ás distintas optativas e itinerarios.

A atención ás solicitudes dos libros farase por estrita orde de presentación destas no Centro Loyola, adxudicaráselle a cada unha un número de rexistro segundo a orde de entrada, na que terán preferencia os socios da ANPA, se non chegaren os libros para todas as familias.

No caso de ter libros suficientes para entregárllelos ás familias que aínda non son socias da ANPA, este ano deberán facer efectivo o pagamento correspondente da cota anual da ANPA, previamente á retirada dos libros, incorporándose así ao amplo grupo de familias asociadas e colaborando para que proxectos coma este, poidan seguir realizándose.

Os listados de libros válidos para o próximo curso publicaranse na páxina web do Colexio.

Horario do banco de libros:

Días 24, 25 e 26 de xuño de 9:30 a 11:00h e de 16:00 a 17:00h para a recollida de
solicitudes e recepción de libros doados altruistamente. Pregámosvos que os libros veñan agrupados por curss e en bolsas que logo reutilizaremos para entregarlles os lotes ás familias.

● Na tarde do día 26 de xuño, publicaranse no blog da ANPA os números de rexistro dos
lotes de libros que se poidan recoller.

● Posteriormente, os días 27 e 28 de xuño de 9:30 a 11:00h e de 16:00 a 17:00h,
entregaránselles os libros solicitados ás familias
, será obrigatoria a presentación do
xustificante da solicitude
.
● En setembro, abrirase de novo o prazo para ESO e Bacharelato, os días están pendentes de concretar.


Lamentablemente non podemos garantir a entrega de todos os libros solicitados, xa que iso depende do número de doazóns que recibamos, polo que vos ANIMAMOS A TODOS A
PARTICIPAR.

Por último, pedimos a vosa imprescindible colaboración para a realización deste traballo.
Todos os que poidades dedica algo de tempo ao banco de libros, por favor, poñédevos en contacto con actividadesanpa.colegioapostol@gmail.com, comunicándonos a vosa dispoñibilidade de horarios.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración e comprensión cos posibles erros que se
cometan neste proxecto que abordamos para beneficio de todos.

Recibide un cordial saúdo.