martes, 27 de noviembre de 2018

ACTIVIDADES DE NAVIDAD.



Queridos pais e nais, como todos os anos o ANPA está a traballar nas actividades que organizamos con motivo do Nadal  e nas que buscamos a vosa complicidade e implicación.

        Belén vivente: Percorrerá durante toda a mañá do mercores 19 de decembro as clases de Educación Infantil e primeiro ciclo de E. Primaria. Estará formado por nais, pais, avós e avoas do colexio. Os que queirades participar tedes que mandar un correo a:

navidadesanpa.colegioapostol@gmail.com, poniendo en asunto ”Belen Viviente”

     Acto dos Paxes Reais: Durante a mañá do venres 21 de decembro os Reis Meigos e os seus Paxes Reais visitan o noso Colexio facendo unha bonita entrada no patio. Todos podedes ver a súa chegada no patio e aos que vos apeteza podedes participar como Reyes ou Paxes. Ao acabar o acto os nenos de E. Infantil e de E. Primaria ata terceiro, soben ao salón de actos onde responsables do ANPA fanlle fotos ás clases cos Reis Meigos. Fotos que logo son pasadas ao colexio para mandalas por diodro. Ademais, todos os nenos e nenas de E. Infantil e E. Primaria reciben do ANPA unha bolsa de caramelos. Os que queirades participar tedes que mandar un correo a:

navidadesanpa.colegioapostol@gmail.com, poniendo en asunto ”Acto Pajes”

     Panxoliña cantada polos pais aos nenos: O día da "Homenaxe aos avós" e unha vez acabadas as actuacións dos nenos, os pais e nais que o desexedes podedes subir ao escenario para, todos xuntos, cantarlles unha panxoliña aos nenos e nenas. Os que queirades participar tedes que poñervos en contacto cos delegados do ANPA de cada curso.
       
        Responsable panxoliña 3 anos: Victoria Pacheco <vicpachecom@gmail.com>
        Responsable panxoliña 4 anos: Andrés Pérez <andres.perez.figueroa@gmail.com>
        Responsable panxoliña 5 anos: Paula Canosa <paula.canosa@gmail.com>       


Nos sucesivos días teredes máis información destas e outras actividades na web do cole (www.colegioapostol.com), no noso blogue (anpajesuitasvigo.blogspot.com) e a través dos propios Delegados e Delegadas de cada curso.

Esperamos que vos animedes e que disfutemos xuntos da experiencia!!!


Anpa Apóstol