Por sexto ano consecutivo, terán lugar na
nosa cidade distintas actividades para conmemorar o Día Mundial da Bicicleta,
denominándose este ano "A Pedaliña 2018". Ditas actividades desenvolveranse a fin de semana do 26 e 27 de
Maio e consistirán no seguinte:
• O
sábado 26 dende as 12:00 ás 21:00 hs realizaranse no parque do Castro a
"Festa da Bicicleta" con variadas actividades de
educación vial, sesións didácticas con suxerencias para
deixar os ruedíns, clases para adultos, bicicletas de BMX
freestyl e bikeTrial, desfrutar dun Mini Bike
Park e circuitos de habilidades, obradoiros nos que
se impartirán nocións básicas da mecánica da bicicleta, bicis
eléctricas, tándem da ONCE, ademáis dun circuito de BTT por todo o
parque que desenvolverán monitores cualificados. Tamén haberá hinchables, xogos
de mesa , obradoiros de manualidades e postes de comida.
•
O domingo 27 a partires
das 10:00 hs da mañá celebrarase unha marcha popular en bicicleta palas rúas de
Vigo,
que sairá da Porta do Sol e fará un percorrrido
circular que rematará
no mesmo lugar cunha duración estimada de dúas horas.
Esta iniciativa conta co apoio do Concello de Vigo en colaboración coa asociación "A Golpe de Pedal" que ven
desenvolvendo numerosas actividades relacionadas coa temática exposta na
procura de promocionar e sensibilizar sobre o uso e desfrute da bicicleta.
Por todo elo, convidámoslle a participar e a incentivar esta posible
participación nos distintos sectores da comunidade educativa que
Vostede preside (profesorado, alumnado e familias), coa finalidade
de que poidan tomar parte nestas actividades lúdicas,
saudábeis e educativas que poñen en valor á bicicleta sexa cal sexa o seu uso.
Para máis información e inscricións na web www.agdpvigo.net