De novo
este ano, desde a ANPA e en colaboración co Colexio, volvemos pór en marcha o Banco de Libros de Texto para
Primaria, ESO e Bacharelato que foi concibido como un sistema de
reutilización, e que como sabedes ven funcionando con éxito dende 2014.
Este
banco de libros é independente da obriga de devolución dos libros facilitados
polo fondo solidario da Xunta de
Galicia.
As
familias que doen os libros de texto non recibirán ningunha contra prestación,
salvo o agradecemento da comunidade educativa. Unicamente se recollerán os
libros que é posible reutilizar, polo que achegamos o listado dos libros
válidos para o curso 2017/18.
As
solicitudes dos libros de texto que se precisen durante o curso 2017/18 realizaranse
por escrito e de forma presencial. No caso da ESO e Bacharelato, é imprescindible achegar o listado completo dos libros
solicitados, debido ás distintas optativas e itinerarios.
A atención ás solicitudes dos libros
farase por estrita orde de presentación destas no Centro Loyola, adxudicaráselle
a cada unha un número de rexistro segundo a orde de entrada, na que terán
preferencia os socios da ANPA, no caso de non chegar os libros para tódalas
familias.
O impreso de solicitude e os listados de libros válidos
para este banco de libros estarán a vosa disposición na web do Colexio e no
blog do Anpa
Horario do banco de libros:
● Días 26, 27 e 28 de xuño de 9:30 a 11 horas e de
16 a 17 horas para recollida de solicitudes e recepción de libros doados altruistamente. Pregámosvos que os
libros veñan agrupados por cursos e en bolsas que logo reutilizaremos para
entregarlles os lotes ás familias.
● Na tarde
do día 28 de xuño, publicaranse no blog da ANPA os números de rexistro dos
lotes de libros que se poidan recoller.
● Posteriormente,
os días 29 e 30 de xuño de 9:30 a 11 horas e de 16 a 17 horas, entregaránselles
os libros solicitados ás familias, sendo obrigatoria a presentación do
xustificante da solicitude.
● En
setembro, abrirase de novo o prazo para ESO e Bacharelato, os días 14 e 15 de 9
a 10 horas e de 16 a 17 horas
Lamentablemente
non podemos garantir a entrega de todos os libros solicitados, xa que iso
depende do número de doazóns que recibamos, polo que vos ANIMAMOS A TODOS A PARTICIPAR.
Por
último, pedimos a vosa imprescindible
colaboración para a realización deste traballo. Todos os que poidades dedicar
algo de tempo ao banco de libros, por favor, poñédevos en contacto con actividadesanpa.colegioapostol@gmail.com, comunicándonos a vosa dispoñibilidade de horarios.
Agradecemos de
antemán a vosa colaboración e comprensión cos posibles erros que se cometan
neste proxecto que abordamos para beneficio de todos.
Anpa Apóstol