PROGRAMA DE VOLUNTARIADO
Desde o colexio ofrecemos distintas opcións de colaboración e
convidamos ás familias
a que poidan participar destas actividades de
voluntariado. Algunhas propostas por
se vos animades.
· Cáritas: Apoio escolar en
colaboración para alumnos de colexios da zona de Teis. Nenos e nenas con
necesidade de reforzo nas tres linguas e matemáticas. Será os luns e mércores,
de 17:15 a 18:45 no Centro Gárate
· Xaruma: Apoio en informática.
Proxecto de integración, rehabilitación e reforzo terapéutico con persoas con
enfermidade mental, e respiro para as súas familias. Contidos de informática a
nivel usuario. No Centro Gárate, os xoves de 17:30 a 19.00 horas.
· Residencia Santa Marta de persoas maiores.
Traballo con usuarios dependentes, conversación e axuda nas comidas.
ANÍMATE A PARTICIPAR!!!!!