jueves, 11 de abril de 2013

Taller Stop Motion


Queridas familias os informamos de este original taller, que estamos seguros que tanto vosotros como vuestros hijos encontrareis muy interesante.



Obradoiro Stop Motion
 
Obxectivo: Coa realización deste obradoiro preténdense adquirir nocións sobre composición da imaxen, leis da animación, así como de semiótica, etc., conseguindo competencias comunicativas e simbólicas.
Coa realización deste obradoiro preténdese adquirir nocións sobre a técnica da animación Stop motion. Abordarase, tanto de xeito teórico como práctico, todo o necesario para coñecer o  proceso que require unha gravación fotograma a fotograma con todos os elementos que interveñen neste tipo de produción audiovisual.
A través da utilización de cámaras de fotografía dixital, do software animatorHD e con certa dose de paciencia, os alumnos poderán conseguir resultados moi interesantes a partir do manexo de cámaras, luces, e unha pequena escenografía para dar vida aos actores principais que eles mesmos desenvolverán. 
 
Programa:        
         
- O Stop Motion na historia: Historia do Stop Motion / Referentes históricos e contemporáneos / Manexo básico: Espazo de traballo / Configuración da cámara / Configuración do set de animación / Liña de tempo / Ratio de frames por segundo.
- Principais técnicas de animación: Cut-out / Pixilación / Animación de obxectos.
- Construción da imaxe: Referentes históricos e contemporáneos / Nocións de composición da imaxe / Construción de espazos tridimensionais con elementos 2D / Recursos.
- Deseño de personaxes: O porqué: O carácter do personaxe / O como: Técnicas sinxelas para a construción de personaxes.
- Animación: Leis da animación / Modos de animar.
- Iluminación: Conceptos básicos de iluminación / Tipos de luces / Tipos de sombras.
- Render: Configuración de render / Formatos de saída.
Inscríbete en servinova.com
 
Centro Social Novacaixagalicia Vigo
Policarpo Sanz, 24 2ª planta
Día: Sábados
Hora: De 10.00 -14.00 h
Datas:
  Abril: 13 e 27
  Maio: 4Duración: 12 horas
Docencia: Duplo Motiongraphics
Prezo/persoa: 65 € (5 €/hora)
Número máximo de participantes: 20